RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez, xogador Estrella Galicia do Dépor 2018-2019

O porteiro e capitán do Dépor Dani Giménez alzouse co trofeo ao Xogador Estrella Galicia do Real Club Deportivo na Temporada 2018-2019. A este galardón final optaron os 3 futbolistas que este ano fixeron dobrete neste premio mensual: Edu Expósito, Quique González e o propio gardameta. Borja Valle e Carlos Fernández tamén levaron os outros recoñecementos mensuais entregados.

Na votación final, realizada polos Deportivistas na enquisa no perfil oficial do Club en Twitter, Dani levou o 72% dos 3.498 votos emitidos. Edu levou o 20% e Quique, máximo goleador branquiazul, o 8% restante.

Dani Giménez quixo agradecer aos medios "o apoio e o valorarme positivamente ao longo de todo o ano, nos bos e nos malos momentos e, evidentemente, a toda a xente por este recoñecemento ao traballo de practicamente un ano, de momentos bos e malos. É un premio moi bonito e, como xa dixen hai unha semanas, o maior premio que gañara este ano cando fallei ante o Extremadura o apoio do público, así que unha mostra máis de agarimo. Moi agradecido, pero a temporada aínda non acabou e esperemos que o premio non sexa para min senón que sexa para todos"

A entrega tivo lugar após o penúltimo adestramento da temporada regular na Cidade Deportiva de Abegondo. Dani Giménez recolleu o galardón de mans de Cristian Martín, delegado comercial de Hijos de Rivera na Coruña e Omar Lamela, da Cervecería Rúas.