RCD / NOVAS

David Pérez Pallas e Zulema González dirixirán o Trofeo Teresa Herrera 2018

13/11/2018 12:11

Dous árbitros adscritos ao Colexio Galego serán os encargados de dirixir os dous partidos do Trofeo Teresa Herrera 2018, este mércores 14 de novembro en ABANCA-RIAZOR.

A LXXIII edición masculina entre o Deportivo e o Athletic Club, a partir das 20:45, terá a David Pérez Pallas como colexiado.

Pola súa banda, a VI edición feminina entre o Deportivo ABANCA e o Athletic Club, ás 18:15, será dirixida por Zulema González González.