RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

David Simón clausurou o mes de abril da Escola RC Deportivo

O lateral dereito canario David Simón visitou esta tarde aos case 40 alumnos que participaron no cuarto mes da Escola RC Deportivo.

Antes da foto de familia e de asinar autógrafos a todos os nenos e nenas participantes, o xogador deportivista someteuse á tradicional rolda de preguntas coa que os alumnos da Escola RC Deportivo coñecen un pouco máis aos futbolistas branquiazuis.

O broche de ouro a unha actividade que para a gran maioría continúa este mes de maio porque boa parte dos futbolistas seguen coa súa formación mes após mes nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña.

A Fundación Real Club Deportivo puxo en marcha en xaneiro esta actividade que vai máis aló do concepto DéporCampus Cabreiroá que se desenvolve no verán, semana santa e Nadal. O seu principal obxectivo é complementar os adestramentos e a formación futbolística dos nenos e nenas da Coruña, de maneira individual, personalizada e atendendo ás necesidades de cada un.

Nela trabállanse contidos complementarios ao traballo que puidesen desenvolver nos seus clubs, no seu tempo libre e profúndase no coñecemento e adestramento do fútbol baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, en grupos de, como máximo 20 futbolistas, cunha duración coincidente co curso escolar/temporada. Hai que matricularse como mínimo 1 mes e pódese adestrar 1 ou 2 días á semana, mércores e venres en horario de tarde, en quendas de 1 hora, nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña.

Ademais da cota mensual (de entre 45 e 95 euros ao mes en función de descontos e horas de adestramento) a primeira vez que se inscriba un alumno na Escola deberá abonar a matrícula que será de 30€ prezo normal e 25€ prezo reducido.

Toda a información da Escola RC Deportivo está dispoñible en www.rcdeportivo.es/escola.