RCD / NOVAS

David Simón empeza a realizar tarefas co grupo

17/01/2020 13:00

David Simón deu un paso máis na súa recuperación. Esta mañá, o lateral canario realizou xa tarefas co grupo de futbolistas que onte non actuaron de inicio en ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club, incluído o meta fabrilista Boian.

Para eles houbo, ademais dun quecemento, un circuíto físico de finalizacións, fútbol en espazo reducido e unhas progresións para concluír.

Os titulares onte ante o Real Racing nin sequera saltaron ao terreo de xogo e realizaron tarefas de recuperación no ximnasio e na sala de fisioterapia. Así mesmo, Beto da Silva, Jovanović, Christian Santos e Borja Valle, este cunha lumbalxia, tiveron esta mañá un adestramento específico.

Mañá sábado, o cadro está citado ás 9:30 en Abegondo, para saltar ao céspede a partir das 10:30 horas. Ao concluír, Fernando Vázquez dará a lista de convocados para recibir este domingo 19 de xaneiro ao Cádiz CF en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, #Vamos).

RCD / AXENDA

19 FEB

Mércores 10:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

20 FEB

Xoves 10:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

21 FEB

Venres 10:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

22 FEB

Sábado 10:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

23 FEB

Domingo 16:00 Estadio de La Romareda

Partido

Xornada29 Real Zaragoza - RC Deportivo