RCD / NOVAS

David Simón, intervido con éxito esta noite no Porto do seu cadro pubálgico

12/11/2019 23:30

O xogador do Real Club Deportivo David Simón foi intervido cirurxicamente esta noite no CUF Porto Hospital dun cadro pubálxico que o mantén á marxe dos adestramentos de grupo.

A intervención, finalizada con éxito, foi realizada polo Dr. Carlos Magalhães, que estivo acompañado polo doutor Ramón Barral e o fisioterapeuta do Club Daniel Varela.

David Simón permanecerá ingresado esta noite e, salvo novidade, regresará á Coruña mañá mércores, para iniciar o seu proceso de recuperación.

Máis novas de: DAVID SIMÓN