RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

David Simón: "Sigo pensando que temos moitísimo marxe de mellora"

David Simón subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o cadro do Deportivo é "amplo, competitivo, que calquera que sae está a render ben. Estamos a competir ben. Nese aspecto o cadro que temos é moi bo".

O lateral deportivista confesa que non lle preocupa agora a clasificación: "Pensamos en nós mesmos, en estar aí en todo momento. Isto é moi longo. Hai que ser moi regulares. Estamos todos moi pegados, calquera perde un partido; ou ganas 2 e méteste arriba. Hai que seguir con esta regularidade, en casa seguir coa nosa dinámica. Con traballo e como o vimos facendo imos estar aí e no momento xusto dar ese arreón".

Iso si, admite que "hai que seguir mellorando, tanto eu como todo o equipo. Sigo pensando que temos moitísimo marxe de mellora, que este equipo aínda non tocou teito. Temos un cadro con xogadores bastante bos. Estamos no bo camiño. Mesmo creo que se pode mellorar moito".

Destaca o traballo defensivo do Dépor: "Traballa ben todo o equipo, non só a defensa. Todo o equipo está a traballar moi ben. Créannos poucas ocasións pero ás veces polas cousas que ten o fútbol chéganche unha vez, un rexeite e acábache entrando. Para nós é importante deixar a portería a cero, porque unha vez que a deixas a cero, levando a iniciativa e o control do xogo, vannos a chegar esas ocasións".

Preguntado polo estilo do Málaga, que con moi pouco en ataque é capaz de sacar adiante os seus partidos, David explica que "xa vemos como é a Segunda. Calquera balón parado, calquera xogada, calquer balón arriba pódenche facer gol. Prefiro ser como somos nós. Tentamos levar a iniciativa. A longo prazo veranse máis os beneficios".

Sobre Quique González, expulsado o pasado domingo ante o Málaga CF, recalca que está a ser "un xogador moi importante. Pero somos un cadro moi grande e temos dianteiros moi bos, que tamén nos van dar moitos goles. Oxalá se recorra o cartón e podamos contar con todo o cadro. Cuantos máis sexamos e esteamos todos listos, é o mellor".

Do Elche, rival do Dépor este venres 12 de outubro en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), está convencido que buscarán recambio para o seu dianteiro goleador, Sory Kaba, baixa por estar concentrado coa súa selección nacional: "Todo xogador é perigoso. Debemos pensar en nós mesmos, estar ben, concentrados, unidos, ser fieis ao que estamos a facer. Estamos a xogar en casa e seguir esa dinámica que temos de ir todos a un tempo. Estamos no camiño. Non importa quen xogue ou non. O que importa é centrarnos en nós".