RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

David Simón subliña a importancia de "pensar só no día a día, máis unidos que nunca"

David Simón foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O lateral canario chama á unidade: "É máis que nunca o momento de estar todos xuntos, de mirar partido a partido, mirar o hoxe e non ir máis aló. A partir de aí podemos conseguir os obxectivos que nos marcamos".

Insiste en que esta semana, co partido do Rayo Majadahonda o sábado 6 de abril en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), "o máis importante é volver competir ben e estar máis xuntos que nunca".

Subliña a importancia de pensar só "no día a día, máis unidos que nunca. Saber que o partido que toca é o Rayo Majadahonda e non mirar máis aló. Así é como se poden conseguir os obxectivos. O mes de marzo miramos máis aló porque eran moitos partidos en ABANCA-RIAZOR, e ao final a vida e o fútbol é así. Parece que vai pasar unha cousa e pasa outra".

Por conseguinte, David Simón opta por non pensar no ascenso directo, e si "no partido do Rayo, facelo ben todo. Estar unidos e así seguro que conseguiremos os 3 puntos. A partir de aí, está claro que queremos conseguir ese obxectivo do ascenso directo pero o máis importante é o partido do Rayo".

Na súa opinión, nesta recta final que agora afronta o Deportivo, ve aos seus compañeiros "recuperados practicamente desas pequenas lesións que minguan fisicamente aos xogadores. Por mor de aí, mentalmente temos que ser fortes porque gozamos moito co equipo durante un bo tramo da temporada. Fisicamente estamos ben pero mentalmente tamén hai que estar ben; e buscar ese equilibrio".

É máis, asegura que "xa nos mentalizamos que o de atrás é pasado. Queriamos conseguir un obxectivo que era sacar eses puntos en ABANCA-RIAZOR, que esa xeira de partidos en casa que tiñamos fora positiva. Non foi así. Agora non hai que mirar para atrás. Hai que mirar o presente e saber que aínda queda moito. O importante é o partido desta fin de semana".