RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"De cara á clasificación final, é fundamental que se xoguen os partidos que restan", pensa o coruñés Fernando Macedo 'Nano'

Fernando Macedo 'Nano', actual técnico dun dos equipos infantís do RC Deportivo, atendeu aos medios de comunicación na sala de prensa virtual.

Estas foron algunhas das frases do ex futbolista coruñés, profesional no FC Barcelona, Atlético de Madrid, Getafe ou Racing de Ferrol, entre outros.

Confinamento
"Lévoo da mellor maneira posible. Foron días duros, de non poder saír de casa e tentando manter un pouco a forma, facendo exercicio e unha vida saudable. Agora que se pode saír un pouquiño máis, aproveito para facer deporte, seguir a rutina de adestramentos que viña facendo a nivel persoal. Entre os fillos, xogando con eles, estou entretido tamén".

Experiencia co equipo infantil de #ANOSACANTEIRA
"É unha experiencia moi boa para min como formación. A pesar de ter os 3 niveis de adestrador, a experiencia que tiña era de equipos de colexios. Estiven a facer as prácticas no Racing de Ferrol mentres era xogador cun equipo tamén infantil. Agora teño a sorte de poder adestrar a un equipo infantil do Dépor e estou moi agradecido, moi contento. É unha experiencia máis no meu curriculum e nun club como o Dépor".

Fin da temporada na canteira
"É unha pena que por circunstancias deste tipo téñase que suspender. Pero é polo ben de todos. Era o máis lóxico e normal. Desde o Club mantemos contacto cos equipos de formación, mandamos un traballo específico e adecuado para que poidan facer desde casa. Agora que as restricións son menores, estamos a facerlles un plan de traballo para que cheguen nas mellores condicións á próxima temporada. É bo para eles".

Protocolo para volver á competición no fútbol profesional
"Véxoo ben dentro do que cabe. Primeiro é normal que fagan os test para saber a situación de cada un a nivel médico. A partir de aí segundo vaian quitando restricións primeiro farán adestramentos individuais, daquela grupales e logo aos poucos conxuntos. É normal que volvan adestrar, a competir e de cara á clasificación final, é fundamental que se xoguen os partidos".

Cancelación da competición se hai positivos e posible solución
"No caso de que haxa moita xente contaxiada o máis normal sería suspendelo, sobre todo pola seguridade dos xogadores. No caso de que sexan 1 ou 2 xogadores os que dan positivo, os demais poderían competir igual".

"No caso de que non se puidese xogar a liga, é complicado porque as decisións que se tomen van prexudicar a uns equipos. Entrarías xa nun tema político. Aínda así, o mellor sería que non houbese nin ascensos nin descensos".

Paso pola canteira do FC Barcelona
"Foi un pracer pertencer a unha escola como a do Barça. Sérveme para poder adquirir eses coñecementos. Quedo co bo dos adestradores que tiven. O importante é plasmar a túa idea como adestrador respectando todas as ideas que adquirise como profesional"

"Estou a vivir unha nova experiecia no fútbol base do Dépor. Unha formación para min, encantado de poder estar aquí e ir crecendo como persoa e como profesional".