RCD / NOVAS

De Guzman, convocado para disputar a Golden Cup con Canadá

O centrocampista do Dépor Julián de Guzmán foi convocado para disputar o próximo mes de xuño a Golden Cup. O equipo nacional canadense xogará no Estadio Orange Bowl de Miami ante Costa Rica (6 de xuño), Guadalupe (9 de xuño) e Haití (11 de xuño). Para o principio do mes de xuño, Estoyanoff disputará un amigable con Uruguai ante Australia (día 2) e Andrade xogará con Portugal ante Bélxica (tamén o día 2) e un amigable ante Kuwait (día 5).

15/05/2007 13:27

Máis novas de: DE GUZMAN

RCD / Noticias Relacionadas

25/05/2009 12:06 |

De Guzmán, con Canadá, e Lassad con Tunes, dous novos internacionais convocados polas súas Seleccións

A incongruencia dos calendarios internacionais fai que Canadá e Chipre programasen un partido internacional amigable en Larnaca o sábado 30 de maio, coincidindo xusto co partido de Liga do Deportivo en Riazor ante o Barcelona. De Guzman foi citado para ese encontro de Canadá e o centrocampista do Dépor, con permiso do corpo técnico, se incorporó xa hoxe luns á concentración do seu equipo nacional.

22/11/2008 15:23 |

De Guzman: Estou arrepentido de que todo isto saíse

O centrocampista Julián De Guzman, a pesar de non estar convocado por lesión para o partido de mañana domingo ante o Athletic Club, compareció ante os medios informativos no Mundo do Fútbol para aclarar unha información publicada desde Canadá, recollida posteriormente nos medios da Coruña, na que se aseguraba que o Deportivo tenía unha débeda pendente de 800.000 euros que había que arranxar antes de falar da renovación.