RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

De Guzman enfrontarase con Canadá a Selección Mexicana de Omar Bravo e Gardado

A Selección Canadense, con De Guzman, enfrontarseá o próximo 10 de setembro a México, con Omar Bravo e Gardado, en Chiapas, en partido clasificatorio para o Mundial de Sudáfrica 2010.

Antes, concretamente o día 6, Canadá medirase en Montreal a Honduras; mentres que México visitará a Xamaica.

Ademais, Bodipo, con Guinea Ecuatorial, medirase o 6 de setembro a Serra Leona, tamén en encontro valedoiro para o Mundial de Sudáfrica. O futbolista concentrarase a partir do luns 1 de setembro.

Por fín, Aouate e o seu combinado nacional, Israel, ten dous compromisos clasificatorios para o Mundial. O sábado 6 de setembro fronte a Suíza en Tel Aviv e o mércores 10 en Moldavia.