RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Decisiva cita de Celso Borges con Costa Rica

Celso Borges, un dos capitáns do Deportivo e un dos fixos na selección de Costa Rica, xógase co seu equipo nacional a clasificación para o Mundial de Rusia 2018.

O venres 6 de outubro, Costa Rica recibe a Honduras no Estadio Nacional de San José, nun partido que arrancará ás 20:00 (hora local, madrugada en España).

E o martes 10 de outubro, o equipo costarriqueño visita a Panamá, ás 19:00 horas (hora local, madrugada en España) no Estadio Rommel Fernández de Cidade de Panamá.

Costa Rica marcha segunda na clasificación do hexagonal final de clasificación da CONCACAF con 15 puntos, por detrás do líder, México, que alcanza os 18 puntos e xa ten o seu billete a Rusia. Terceiro é Panamá, que suma 10 puntos, e cuarto Estados Unidos, con 9 puntos. Os tres primeiros clasificados van directamente á fase final e o cuarto deberá disputar unha eliminatoria a dobre partido co quinto clasificado da zona asiática, cuxo vencedor tamén estará en Rusia.

Celso Borges viaxará á concentración do equipo nacional o domingo 1 de outubro, tras o partido que o conxunto deportivista xogará o sábado 30 de setembro (13:00 horas, Bein LaLiga) no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Getafe.

Andone e Pantilimon, citados por Romanía

Florin Andone e Costel Pantilimon foron convocados pola Selección Romanesa de fútbol para dous partidos oficiais clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018.

Así, o xoves 5 de outubro Romanía recibe a Kazajistán (21:45, hora local) no Estadio Ilie Oanâ da cidade de Ploiesti.

E o domingo 8 de outubro, os romaneses visitan a Dinamarca (18:00, hora local) no Estadio Telia Parken de Copenhague.

Os dous xogadores do Dépor incorporaranse ao seu equipo nacional o domingo 1 de outubro.

Romanía marcha cuarta clasificada do grupo 5 de clasificación para o Campionato do Mundo de Rusia 2018, con 9 puntos. Lidera o grupo Polonia (19 puntos), seguido por Montenegro e Dinamarca (ambos con 16 puntos), co que Romanía xa non ten opcións de coarse na fase final.

Bakkali entra na preconvocatoria de Bélxica Sub-21

Zakaria Bakkali foi preconvocado pola Selección Belga Sub-21 para disputar dous partidos oficiais no vindeiro parón ligueiro de seleccións nacionais.

O venres 6 de outubro, Bélxica recibe a Suecia, e o martes 10, o combinado belga visita a Chipre. Ambos os partidos son clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.

Nos próximos días, a Federación Belga de Fútbol fará pública a lista definitiva. En caso de ser citado, Bakkali incorporarase o martes 3 de outubro á concentración do equipo.