RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Definido o calendario do Cadete na División de Honra

O Cadete do Deportivo, vixente campión, xa coñece o calendario da División de Honra.

Os branquiazuis arrancan a liga en Abegondo ante o CD Lugo o 10 ou 11 de setembro; e péchana, tamén na Cidade Deportiva, ante o ED Val Miñor Nigrán o 4 de xuño de 2023.

Os derbis ante o RC Celta serán o 25 de setembro (3ª xornada) en Abegondo e o 19 de febreiro de 2023 (22ª xornada) en Vigo.

Superada a pandemia de COVID, a liga recupera o formato tradicional de grupo único de 20 equipos, todos contra todos a dobre volta.

Os clubs que conforman a categoría, ademais do Cadete branquiazul, son os seguintes: RC Celta, CD Lugo, ED Val Miñor, San Tirso SD, ED Conxo Santiago, Pontevedra CF, Victoria CF, CD Areosa, Pabellón Ourense CF, Racing de Ferrol, Coruxo FC, AJ Lérez, Ural Español CF, Arosa SC, Rápido de Bouzas, ED Xuventude de Oroso, Viveiro CF, CD Choco e Bergantiños CF.

O primeiro clasificado será o campión xa que non haberá eliminatorias polo título; mentres que os cinco últimos equipos perderán a categoría.

O calendario do equipo deportivista é o seguinte:

Xornada 1 (11/09/2022) Xornada 20 (29/01/2023)
Cadete CD Lugo
Xornada 2 (18/09/2022) Xornada 21 (05/02/2023)
AJ Lérez Cadete
Xornada 3 (25/09/2022) Xornada 22 (19/02/2023)
Cadete RC Celta
Xornada 4 (02/10/2022) Xornada 23 (26/02/2023)
Pabellón Ourense CF Cadete
Xornada 5 (09/10/2022) Xornada 24 (05/03/2023)
Cadete Ural Español CF
Xornada 6 (12/10/2022) Xornada 25 (12/03/2023)
CD Conxo Santiago Cadete
Xornada 7 (16/10/2022) Xornada 26 (19/03/2023)
Cadete Viveiro CF
Xornada 8 (23/10/2022) Xornada 27 (26/03/2023)
CD Areosa Cadete
Xornada 9 (30/10/2022) Xornada 28 (02/04/2023)
Cadete Coruxo FC
Xornada 10 (06/11/2022) Xornada 29 (06/04/2023)
Victoria CF Cadete
Xornada 11 (13/11/2022) Xornada 30 (09/04/2023)
CD Choco Cadete
Xornada 12 (27/11/2022) Xornada 31 (16/04/2023)
Cadete ED Xuventude de Oroso
Xornada 13 (04/12/2022) Xornada 32 (23/04/2023)
San Tirso SD Cadete
Xornada 14 (08/12/2022) Xornada 33 (30/04/2023)
Cadete Pontevedra CF
Xornada 15 (11/12/2022) Xornada 34 (07/05/2023)
Racing de Ferrol Cadete
Xornada 16 (18/12/2022) Xornada 35 (14/05/2023)
Cadete Arosa SC
Xornada 17 (08/01/2023) Xornada 36 (21/05/2023)
Bergantiños CF Cadete
Xornada 18 (15/01/2023) Xornada 37 (28/05/2023)
Cadete Rápido de Bouzas
Xornada 19 (22/01/2023) Xornada 38 (04/06/2023)
ED Val Miñor Nigrán Cadete