RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Definido o calendario do Xuvenil A no grupo 1º da División de Honra

O brillante campión de España, o Xuvenil A, xa coñece ese calendario da División de Honra.

A Federación Española recupera o formato tradicional de liga todos contra todos nun único grupo 1º, integrado por estes equipos ademais do branquiazul: Real Oviedo, Bansander, CD Covadonga, Real Racing Club de Santander, Real Avilés CF, SD Compostela, Pabellón Ourense CF, Ural Español CF, CD Lugo, ED Val Miñor Nigrán, Pontevedra CF, RC Celta de Vigo, C. Atlético Perines, CD Arenal, CD Marina Sport, CD Bezana e Sporting de Gijón.

O Xuvenil A arranca a liga coa visita ao Real Oviedo o próximo 5 de setembro e conclúea en Abegondo o 29 de maio de 2022 en Santander fronte ao Bansander.

O primeiro partido en Abegondo será ante o CD Bezana o 12 de setembro.

#ONOSODERBI ante o RC Celta, outro dos 'fanfurriñeiros' da categoría, será o 21 de novembro (xornada 12ª) en Vigo e o 17 de abril (xornada 29ª) en Abegondo.

O Xuvenil A iniciou os adestramentos o pasado mércores 28 de xullo, nunha temporada histórica para o equipo coa súa participación na UEFA Youth League, no que supón o retorno do Club a competicións europeas desde o ano 2009.

Manuel Pablo, un dos futbolistas máis queridos por #ANOSAFORZA, colle as rendas do equipo en substitución de Óscar Gilsanz, que se fixo cargo do Fabril. Completan o corpo técnico: Juan Villamisar (segundo adestrador), Fran Varela (preparador físico), Javier Núñez (delegado), e Javier Rodríguez (utileiro).

O calendario do equipo deportivista é o seguinte:

Xornada 1 (05/09/2021) Xornada 14 (23/01/2022)
Real Oviedo Xuvenil A
Xornada 2 (12/09/2021) Xornada 19 (06/02/2022)
Xuvenil A CD Bezana
Xornada 3 (19/09/2021) Xornada 20 (13/02/2022)
Xuvenil A CD Covadonga
Xornada 4 (26/09/2021) Xornada 21 (20/02/2022)
Real Avilés CF Xuvenil A
Xornada 5 (03/10/2021) Xornada 22 (27/02/2022)
Xuvenil A Pabellón Ourense CF
Xornada 6 (10/10/2021) Xornada 23 (06/03/2022)
CD Lugo Xuvenil A
Xornada 7 (17/10/2021) Xornada 24 (13/03/2022)
Xuvenil A Pontevedra CF
Xornada 8 (24/10/2021) Xornada 25 (20/03/2022)
C. Atlético Perines Xuvenil A
Xornada 9 (31/10/2021) Xornada 26 (27/03/2022)
Xuvenil A CD Marina Sport
Xornada 10 (07/11/2021) Xornada 27 (03/04/2022)
Sporting de Gijón Xuvenil A
Xornada 11 (14/11/2021) Xornada 28 (10/04/2022)
Xuvenil A CD Arenal
Xornada 12 (21/11/2021) Xornada 29 (17/04/2022)
RC Celta de Vigo Xuvenil A
Xornada 13 (28/11/2021) Xornada 30 (24/04/2022)
Xuvenil A ED Val Miñor Nigrán
Xornada 14 (05/12/2021) Xornada 31 (01/05/2022)
Ural Español CF Xuvenil A
Xornada 15 (12/12/2021) Xornada 32 (08/05/2022)
Xuvenil A SD Compostela
Xornada 16 (19/12/2021) Xornada 33 (22/05/2022)
Real Racing Club Xuvenil A
Xornada 17 (09/01/2022) Xornada 34 (29/05/2022)
Xuvenil A Club Bansander