RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Definido o calendario do Xuvenil B no Grupo de Ascenso

O Xuvenil B accede como campión do subgrupo A da Primeira Fase da liga Nacional ao Grupo de Ascenso. O formato de competición será agora de liga a unha volta na que os dous primeiros ascenderán á División de Honra.

Os rivais do conxunto que preparan Alejandro Antón e Aldo Duscher serán o cinco primeiros clasificados do subgrupo B: Arosa SC, RC Celta B, Coruxo FC, CD Areosa, Alondras CF e ED Val Miñor B.

A competición arrincará o próximo 18 de abril en Abegondo fronte ao ED Val Miñor B; e finalizará co derbi ante o RC Celta B, tamén na Cidade Deportiva branquiazul, o 16 de maio.

Os equipos arrastrarán os puntos da Primeira Fase, co que a clasificación do grupo empeza así:

1. Deportivo, 52 puntos

2. RC Celta, 46 puntos

3. SD Compostela, 40 puntos

4. Coruxo FC, 32 puntos

calendario de partidos do Xuvenil B é o seguinte:

Xornada 1 (18/04/2021)

Xuvenil B - ED Val Miñor B

Xornada 2 (25/04/2021)

Alondras CF - Xuvenil B

Xornada 3 (02/05/2021)

Xuvenil B - CD Areosa

Xornada 4 (09/05/2021)

Coruxo FC - Xuvenil B

Xornada 5 (16/05/2021)

Xuvenil B - RC Celta B