RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Definido o grupo 1º de Primeira Nacional no que milita o Deportivo ABANCA B

O Deportivo ABANCA B xa coñece aos seus rivais no grupo 1º de Primeira Nacional, unha vez finalizado o prazo de inscrición dos equipos.

Compartirán grupo co filial deportivista os seguintes 15 conxuntos procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León: Real Sporting de Gijón, Oviedo Moderno CF B, Gijón FF, CF Versalles, CD Romanón, UD Oceja & Gimnástica, CD Tropezón, Victoria CF (A Coruña), Umia CF, Victoria FC (Santiago de Compostela), UD Mos, Lóstrego CF, UD Llanera, Olímpico de León e CD Parquesol B.

O Deportivo ABANCA B comezará a temporada o vindeiro sábado 10 ou domingo 11 de setembro e concluirá o 14 de maio de 2023, segundo fixo público a Federación Española.

O filial deportivista, baixo a dirección técnica de Kevin Cabado, arrincou a pretemporada o pasado 1 de agosto e este domingo 14 disputará o seu primeiro amigable. Será ás 11:00 horas no campo da Bouza en Barrantes (Ribadumia) ante o Umia CF, tamén de Primeira Nacional.