RCD / NOVAS

Definidos os rivais que terá o Infantil A na pelexa polo título galego

13/01/2020 12:50

O Infantil A, que acaba de proclamarse campión do grupo norte da Liga Galega, xa coñece aos seus rivais na Fase polo Título.

Ademais do conxunto deportivista, acceden a esta fase definitiva os 7 seguintes clasificados do grupo norte: Bertamiráns FC, ED Xuventude de Oroso, CD Conxo Santiago, CD Calasanz, Ural CF, CD Lugo e Victoria FC de Santiago.

E os 8 primeiros equipos do grupo sur: RC Celta, CD Areosa, ED Val Miñor Nigrán, Pabellón Ourense CF, EF Portero 2000, Pontevedra CF, UD Santa Mariña e Arosa SC.

O formato de competición será o de liga a unha soa volta, cuxo calendario se fará público nos próximos días. Non se tomarán en conta as puntuacións da primeira fase e, por conseguinte, todos os equipos arrancan esta Fase polo Título Galego con 0 puntos.