RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Dépor ABANCA e Fabril xogarán as súas respectivas finais da Copa Deputación este mércores 14 en Carballo

Deportivo ABANCA e Fabril disputarán este mércores as finais da Copa Deputación nunha dobre sesión futbolística no campo das Eiroas, en Carballo.

O Deportivo ABANCA disputará a final da Copa Deputación feminina ante o Victoria CF o mércores 14 de agosto a 18:00 horas, con entrada gratuíta para os afeccionados.

As deportivistas apearon nesta competición ao Once Caballeros CF (dezaseisavos de final), UD Paiosaco Hierros Añón (oitavos de final), Orzán SD (cuartos de final) e Victoria FC (semifinais).

As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - UD Granadilla 5
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Patri López, Carlota, Peke e Alba Suárez)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), 18:00 h, Victoria CF - Deportivo ABANCA
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón), 17:15 h Deportivo ABANCA - Real Oviedo Femenino; 18:15 h Sporting de Gijón - Dépor ABANCA
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)

Pola súa banda, a final da Copa Deputación masculina entre o Bergantiños CF e o Fabril xogarase a continuación, ás 20:15 horas do mércores 14 de agosto, tamén con entrada gratuíta para os afeccionados.

Até a data, o conxunto de Luisito apeou da Copa Deputación ao Brexo Lema SD (dezaseisavos de final), San Tirso SD (oitavos), Sporting Sada (cuartos de final) e Galicia de Mugardos (semifinais).

Os compromisos de pretemporada confirmados do Fabril, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:

Mércores 24 de xullo: Cidade Deportiva de Abegondo, Deportivo 2 - Fabril 0
Sábado 27 de xullo: campo de Mirallos (Moraña), Fabril 0 - RC Celta B 0. A penaltis: 3-1; Fabril 1 (Valín) - Pontevedra CF 1
Mércores 31 de xullo: Dezaseisavos de final da Copa Deputación, Campo dos Pinares, Brexo Lema SD 0 - Fabril 4 (Mosquera, Mario Losada -2- e Novo)
Domingo 4 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo do Monte (San Tirso), San Tirso SD 0 - Fabril 3 (Aarón, Pedro e un futbolista rival en propia porta)
Mércores 7 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, campo das Mariñas: Sporting Sada 0 - Fabril 3 (Aarón, Kanoute e Sarmiento)
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, campo da Pedreira (Mugardos): Galicia de Mugardos 0 - Fabril 6 (Pedro -2-, David Sánchez, Jawed Boumeddane e Manu Mosquera -2-)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), 20:15, Bergantiños CF - Fabril
Sábado 17 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), 19:00 h, Atlético Astorga CF - Fabril