RCD / NOVAS

Dépor - Nacional e Sporting de Xixón - Sporting Club de Portugal, emparellamentos do Teresa Herrera

- Teresa Herrera 2012 - O Deportivo enfrontarseá ao Nacional de Montevideo o próximo 9 de agosto por un posto na final da LXIX edición do Trofeo Teresa Herrera. Xusto antes, Sporting de Gijón e Sporting Club de Portugal serán os protagonistas da primeira semifinal, o propio sábado 9 de agosto. A falta de confirmación definitiva por parte dos operadores televisivos, os partidos disputarseán ás 18:00 e ás 20:30 horas.

09/07/2014 14:56

O domingo 10, nas mesmas franxas horarias, disputaranse o terceiro ou cuarto posto e a gran final.

A pretemporada do Deportivo, que comeza o próximo 14 de xullo en Abegondo, ten xa estes encontros  confirmados:

-Domingo 20 de xullo: XIMNASIA E ESGRIMA DA PRATA - DEPORTIVO, no Estadio Juan Carmelo Zerillo
-Xoves 31 de xullo: ACADÉMICA DE COIMBRA - DEPORTIVO no Estadio EFAPEL de Coimbra
-Sábado 2 de agosto: SPORTING BRAGA - DEPORTIVO, no estadio Axa de Braga
-Martes 5 de agosto: RÁCING DE FERROL - DEPORTIVO, ás 19.30 horas no Municipal da Pinguela
-Sábado 9 de agosto: Deportivo - Nacional, semifinal do Trofeo Teresa Herrera
-Domingo 10 de agosto: Terceiro e cuarto posto ou gran final do Trofeo Teresa Herrera
-Mércores 13 de agosto: CELTA - DEPORTIVO, en escenario aínda por determinar
-Sábado 16 de agosto: PONFERRADINA - DEPORTIVO, ás 20.00 horas no Toralín