RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Deportivista, únete ao reto "Paradón contra o cancro de mama" e unha destas camisetas pode ser túa

Na semana do Día Internacional contra o cancro de mama, o vindeiro martes 19 de outubro, o RC Deportivo e a AECC A Coruña unen as súas forzas á do Deportivismo para tentar alcanzar un reto no apoio ao traballo que desenvolve a Asociación Española Contra o Cancer na cidade: recadar tantos euros como socias e socios ten, a día de hoxe o Dépor: 18.350.

Ademais, o reto ten un aliciente moi especial. Entre todos os que fagan a súa achega económica, de contía libre, vanse a regalar 5 camisetas únicas e que non están á venda: as de Alberto Sánchez, Ana Valles, Ian Mackay, María Sampalo e Pablo Brea, os porteiros e porteiras do Dépor esta temporada.

A camiseta será ademais unha edición limitada a esas unidades. En lugar dos emblemas de Estrella Galicia, ABANCA, Duacode e Xacobeo, levarán as mensaxes da Asociación Española Contra o Cancro "#SacaPecho" e "Polas máis vulnerables". O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a todos os seus patrocinadores o xesto que tiveron ao aceptar non lucir as súas marcas nas camisetas dos porteiros e porteiras do Dépor esta fin de semana, cedendo o espazo a esta chamada á concienciación social da AECC e o Club. Finalmente, en atención ao regulamento da RFEF, non poderán disputar con elas o partido, pero si saltarán ao terreo de xogo lucíndoa para pousar cos onces iniciais en ABANCA-RIAZOR e a Cidade Deportiva de Abegondo.

Ademais, o adestrador do Dépor, Borja Jiménez, quixo sumarse á visibilización deste reto ofrecendo a súa rolda de prensa semanal previa ao partido enfundado nunha desas camisetas que será para un dos Deportivistas que achegue fondos ao reto: "Paradón contra o cancro de mama", sumemos 18.350.

Deportivista, se queres facer a túa achega ao reto e optar a ter unha das 5 camisetas rosas do Dépor 21-22, entra aquí: https://mireto.contraelcancer.es/reto/paradon-contra-o-cancer-de-mama