RCD / NOVAS

DEPORTIVISTAS! Este xoves, imos todos a golear por Noel

15/04/2019 10:50

O Deportivo de Veteranos e o Ardebullo FC (equipo formado por artistas galegos) vense as caras este xoves por unha boa causa. O motivo do partido, chamar á solidariedade de todos os cidadáns e deportivistas para colaborar na recadación de fondos para investigar a curación do meduloblastoma que afecta a Noel, un neno de Betanzos.

Por iso, coa colaboración do Real Club Deportivo e a Peña Brigantium, o partido celébrase no Campo García Irmáns da Cidade dos Cabaleiros o xoves 18 de abril a partir das 12:00 horas. A entrada é gratuíta, pero todas as doazóns que se queiran efectuar recadaranse tanto no propio campo como na fila cero habilitada na conta: ES38 2100 4204 9122 0017 5041.