RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Deportivistas, GRAZAS!

O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a todas as persoas que o fixeron posible o poder disputar, con aforamento reducido, o primeiro partido da Temporada 2020-2021 no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Na parte organizativa, especialmente a todas as persoas que conformaron o dispositivo que permitiu atender todos os requirimentos do protocolo para o acceso, permanencia e saída do Estadio, convertendo esta experiencia pioneira no fútbol español en todo un éxito. Co seu traballo lograron que, con totais garantías e sen ningunha incidencia, o fútbol fose o único protagonista dunha xornada histórica por moitos motivos. Un deles, o regreso do público a un Estadio como o noso desde o inicio da pandemia.

Tampouco tiñamos dúbida de cal ía ser a resposta do Deportivismo, de #ANosaForza. Por iso só quédanos volver darvos as grazas de corazón. Porque o fútbol sen afeccionados non é fútbol e onte volvéstelo a demostrar facendo soar ABANCA-RIAZOR case como sempre aínda que faltasen os berros e os aplausos da maioría dos Deportivistas. O respecto, a comprensión e o cumprimento por parte de todos das normas establecidas para poder volver a #ANosaCasa fixo posible dar este paso adiante e, se a situación sanitaria permíteo, desde o Real Club Deportivo comprometémonos a seguir traballando para repetir e mellorar en todo o posible a experiencia de poder volver gozar xuntos do fútbol en directo.

Grazas por último a todos os patrocinadores e empresas colaboradoras do Real Club Deportivo por seguir apoiándonos nestes tempos tan difíciles e tan novos para todos.

Onte regresou o auténtico espírito do Deportivismo ao lugar onde o fútbol adquire todo o seu significado. Por iso, Deportivistas ¡GRAZAS!