RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Deportivo ABANCA B e Alevín B, á Sella Cup 2018

O Deportivo ABANCA B e o Alevín B xogarán nos próximos días a Sella Cup 2018, un torneo que terá lugar nas localidades asturianas de Arriondas, Cangas de Onís e Ribadesella.

En categoría feminina, as rivais do Deportivo ABANCA B serán o Oviedo, Atlético de Madrid, UD Llanera e Femiastur.

O calendario do cadro deportivista, que chega ao torneo após conseguir a Copa Galega de Primeira Autonómica e convidou a varias xogadoras doutros clubs para participar no torneo, é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 28 de xuño
21:00: DEPORTIVO ABANCA B - UD LLANERA, en Ribadesella

Venres 29 de xuño
10:30: OVIEDO - DEPORTIVO ABANCA B, en Arriondas
13:30: DEPORTIVO ABANCA B - FEMIASTUR, en Ribadesella
18:30: DEPORTIVO ABANCA B - ATLÉTICO DE MADRID, en Arriondas

Os catro primeiros de grupo xogan entre si as semifinais, que comezarán o sábado 30 ás 15:30 horas en Arriondas.

Pola súa banda, o Alevín B quedou encadrado no grupo B, co EF Oriente e Dínamo.

O calendario da Primeira Fase para o equipo branquiazul é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 28 de xuño
13:30: EF ORIENTE - ALEVÍN B, en Arriondas
18:00: ALEVÍN B - DÍNAMO, en Cangas de Onís

O primeiro de grupo accede directamente a cuartos de final, que arrancarán o sábado 30 de xuño ás 9:00 en Arriondas e Cangas de Onís.

Pola súa banda, o segundo clasificado xogará unha eliminatoria previa de acceso a cuartos de final contra o terceiro doutro grupo, o venres 29 de xuño a partir das 16:30 en Arriondas.

Tres equipos disputan desde mañá mércores na Torre o Trofeo Cidade da Coruña

Tres equipos de #ANOSACANTEIRA (Infantil A, Alevín A e Benxamín A) participan desde mañá mércores 27 de xuño na 27ª edición do Torneo Internacional Ciudad de A Coruña, Trofeo Juan M. Iglesias Mato 'Palau'; competición que se desenvolve na Cidade Deportiva da Torre organizada polo Orillamar SD.

O primeiro en entrar en xogo será o Benxamín A, mañá mércores. O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo A, con estes rivais iniciais: Orillamar C, CD Calasanz e Galicia de Mugardos. Cada partido durará 25 minutos seguidos.

O calendario de competición do Benxamín A é o seguinte:

16:00: ORILLAMAR C - BENXAMÍN A (campo 1.1)
16:30: BENXAMÍN A - GALICIA DE MUGARDOS (campo 2.1)
17:30: BENXAMÍN A - CD CALASANZ (campo 1.2)

Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros equipos do tres grupos accederán a cuartos de final, que arrancan xa ás 18:45 horas.

O xoves 28, a quenda será para o Alevín A, cuxos primeiros rivais, no grupo A, serán o Orillamar B, CD Calasanz e Silva SD. Cada partido durará 25 minutos seguidos.

O calendario de partidos do equipo branquiazul na Primeira Fase é o seguinte:

16:00: ORILLAMAR B - ALEVÍN A (campo 1.1)
16:30: ALEVÍN A - SILVA SD (campo 2.1)
17:30: ALEVÍN A - CD CALASANZ (campo 1.2)

Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros equipos do tres grupos accederán a cuartos de final, que arrancan xa ás 18:45 horas.

Finalmente, o Infantil A xogará o venres 29. Neste caso, os seus partidos durarán 30 minutos salvo a final, con dous tempos de 25 minutos. Os seus primeiros rivais, no grupo A, serán o Orillamar A, o Bergantiños e o Juventude Pedras Salgadas.

O calendario da Primeira Fase do conxunto branquiazul é o seguinte:

15:30: ORILLAMAR A - INFANTIL A (campo 1)
17:45: BERGANTIÑOS - INFANTIL A (campo 3)
18:30: INFANTIL A - JUVENTUDE PEDRAS SALGADAS (campo 1)

Os dous primeiros de grupo acceden ás semifinais, que comezarán ás 19:15 horas.