RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Deportivo ABANCA e UD Llanera, separados por 16 goles!

O Deportivo ABANCA logrou esta tarde en Ponte dos Brozos (Arteixo) unha das goleadas da temporada ao marcar 16 goles ao UD Llanera, en partido da 9ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional.

Peke, Gaby -2-, Kika -4-, Laura -2-, Miriam -3-, Estefi -2- e Jone -2- foron as autoras dos goles branquiazuis nun partido sen historia, ante un rival que ocupa agora mesma praza de descenso.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA suma 25 puntos e continúa na pelexa polo liderado co Oviedo Moderno.

Deportivo ABANCA: Malena, Miriam, Laura, Patri, Cris, Teresa, Kika, Iris, Peke, Gaby e Lía. Tamén xogaron: Silvia Mérida, Estefi, Sara e Jone.

A próxima fin de semana ven as caras os dous grandes aspirantes ao título e ao ascenso á liga Iberdrola, posto que o Deportivo ABANCA visita ao Oviedo Moderno.

Os resultados do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)
Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0
CD Monte 2 - Deportivo ABANCA 2 (Miriam e Peke)
Deportivo ABANCA 16 (Peke, Gaby -2-, Kika -4-, Laura -2-, Miriam -3-, Estefi -2- e Jone -2-) - UD Llanera 0