RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Deportivo ABANCA e Vitoria CF pelexarán mañá en Ordes pola Copa Deputación

O Deportivo ABANCA buscará mañá mércores 23 de agosto o seu segundo título da Copa Deputación. O seu rival será o Victoria CF da Coruña, conxunto que tamén milita na Segunda División Nacional.

O encontro xogarase no campo de Vista Alegre en Ordes, e arrancará ás 19:30 horas.

Nesta competición, o conxunto deportivista eliminou ao Deportivo Orzán en oitavos; ao Victoria FC de Santiago en cuartos; e ao Tordoia en semifinais.

Desta forma, o calendario da pretemporada para o Deportivo ABANCA queda deste xeito:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0
2 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación: Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA 18 (Kika, Jone, Estefi -3-, Sara -3-, Tere Abelleira, Gaby -6-, Cris e Alba -2-)
5 de agosto: Deportivo ABANCA 0 - Athletic Club 1
9 de agosto: Sporting Braga 3 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
13 de agosto, cuartos de final da Copa Deputación; Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 8 (Peke -4-, Sara, Kika, Gaby e Estefi)
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato '3 en 1'
Deportivo ABANCA 2 (Sara e Jone) - Victoria FC 0
CPM Friol 0 - Deportivo ABANCA 4 (Peke -2-, Gaby e Lía)
20 de agosto, semifinal da Copa Deputación: Tordoia 0 - Deportivo ABANCA 9 (Gaby -2-, Estefi -2-, Jone, Sara -2-, Peke e Lía)
23 de agosto, 19:30 horas, final da Copa Deputación: Deportivo ABANCA - Victoria CF, no campo Vista Alegre de Ordes
26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)