RCD / NOVAS

Deportivo e Juventus chegan a un principio de acordo para o traspaso de Jorge Andrade

O Real Club Deportivo e a Juventus chegaron hoxe a un principio de acordo para o traspaso do futbolista portugués Jorge Andrade ao cadro italiano. O internacional portugués desprazarase nos próximos días a Turín para formalizar a súa incorporación ao histórico club italiano. Jorge Andrade chegou ao Deportivo na tempada 2002-03 procedente do O Porto de Portugal. Disputou no Deportivo un total de 157 partidos oficiais entre Liga, Champions League, Copa Intertoto e Copa do Rei e anotou tres goles, un deles, ante o Newcastle en Riazor na Copa Intertoto da tempada 2005-06, de moi bela factura.

06/07/2007 20:26

Máis novas de: ANDRADE

RCD / Noticias Relacionadas

10/07/2007 21:22 |

Andrade: Grazas a todos. Fun moi feliz no Deportivo

As despedidas sempre son tristes. Con todo, lévome da Coruña e do Real Club Deportivo unha chea de recordos, moitos e bos amigos e sobre todo o agarimo dunha cidade irmá ao meu país e o recoñecemento duns afeccionados que sempre me apoiaron, aínda nos malos momentos.

25/05/2007 11:49 |

Coloccini volve á Selección Arxentina para un amigable en Suíza

O central deportivista Fabricio Coloccini foi citado pola Selección de Arxentina para disputar, o vindeiro sábado 2 de xuño en Basilea, un amigable ante Suíza. Por conseguinte, Coloccini únese a Andrade, Estoyanoff, Aouate, De Guzman, Bodipo e Adrián, con compromisos internacionais; ademais da preconvocatoria de Barragán e Fabricio para o Campionato do Mundo Sub-20.

23/05/2007 21:36 |

Dudú Aouate, citado para dous partidos oficiais de Israel ante Macedonia e Andorra

Dudú Aouate, o porteiro menos batido do ano 2007 na Primeira División, foi citado pola súa Selección Nacional, Israel, para participar en dous partidos oficiais clasificatorios para a Eurocopa 2008, o 2 de xuño ante Macedonia e o día 6 dese mes ante Andorra. Ademais de Aouate foron convocados Andrade con Portugal, para medirse a Bélxica en partido oficial e Kuwait nun choque amigable; Estoyanoff para enfrontarse con Uruguai a Australia o 2 de xuño nun partido de preparación da Copa América; De Guzman para xogar con Canadá a Golden Cup en Miami(Estados Unidos) ante Costa Rica (6 de xuño), Guadalupe (9 de xuño) e Haití (11 de xuño); e Bodipo para dous choques oficiais valedoiros para a Copa de África Ghana 2008 ante Ruanda en Kigali (2 de xuño) e fronte a Liberia en Monrovia o 17 de xuño.