Deportivo e Real Racing Club pechan a cesión ata xuño de 2008 de Pablo Álvarez
A falta da firma dos documentos correspondentes, Deportivo e Real Racing Club pecharon ao longo do día de hoxe, xoves 27 de decembro, o pase de Pablo Álvarez ata xuño de 2008 ao equipo cántabro.
O futbolista asturiano de orixe galega será cedido sen opción de compra. Ademais, o Real Racing Club terá que abonar unha penalización económica se desexa aliñar a Pablo Álvarez contra o Deportivo.