RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Deportivo e SD Club Ordes asinan un convenio de colaboración para os próximos anos

O Real Club Deportivo, a través do seu presidente Paco Zas e a SD Club Ordes, co seu homólogo Antonio Vázquez á fronte, asinaron un novo convenio de colaboración entre ambas as entidades para os próximos 3 anos con opción de ampliación unha campaña máis.

Deste xeito, o Real Club Deportivo aumenta a vinculación xa existente co conxunto de Vista Alegre para xerar dinámicas de traballo entre os profesionais de ambos os clubs e actividades que redunden en beneficio das dúas institucións.

Na firma do acordo, que tivo lugar no Concello de Ordes, o que demostra a implicación municipal neste proyecto para o fomento do deporte de base na localidade, estiveron presentes José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, Ana María Soneira Liñares, 1ª tenente de alcalde e concelleira delegada de medio ambiente e deportes, Alberto Méndez, conselleiro do Real Club Deportivo e Albert Gil, director de alto rendemento da canteira deportivista.