RCD / NOVAS

Deportivo e Ural, campións do Mini Teresa Herrera

10/08/2019 21:50

RC Deportivo e Ural CF proclamáronse campións da XXIV edición do Mini Teresa Herrera, ao vencer nas finais ao Atlético Coruña Montañeros e ao CD Calasanz, respectivamente.

O equipo branquiazul venceu o torneo na categoría Benxamín, ao impoñerse na final ao Atlético Coruña Montañeros por 4-0.

Na categoría Prebenxamín, o vencedor foi o Ural CF, que derrotou con claridade ao CD Calasanz por 6-3.