RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Derbi co Celta en Xuvenís e en Cadetes, este sábado en Abegondo

O triplo derbi do Xuvenil A (retransmitido en directo por Gol TV), Xuvenil B e Cadete A co Celta, os tres partidos o sábado en Abegondo ás 12.00, 17.45 e 16.00 respectivamente, son os encontros máis destacados da fin de semana na canteira deportivista.

Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso aos partidos. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Na mente dos conxuntos branquiazuis está subirse ao liderado, agora mesmo en poder dos célticos nas tres categorías.

En Terceira División, o Fabril recibe o domingo o As Pontes, a partir das 12.00 no campo principal da cidade deportiva.

Os socios deportivistas teñen libre acceso ao partido. Para o público, a entrada sénior custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Finalmente, en categoría Alevín, o Deportivo A mídese ao Imperátor no partido de ida da primeira eliminatoria do Campionato Galego.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División

FABRIL - AS PONTES, o domingo 11 de decembro ás 12.00 en Abegondo (campo 1)

Clasificación: 1. Rápido de Bouzas, 34 puntos; 2. Racing Vilalbés, 33 puntos; 3. Cerceda, 30 puntos; 4. Fabril, 29 puntos; 5. Arosa, 28 puntos; 6. Barbadás, 27 puntos...

Categoría Feminina

UMIA - DEPORTIVO FEMININO B, o domingo 11 de decembro ás 17.00 no campo da Bouza (Barrantes)

Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 9. Milagrosa, 15 puntos; 10. Deportivo Feminino B, 13 puntos; 11. San Miguel, 12 puntos; 12. Arcadia, 10 puntos...

Categoría Xuvenil

XUVENIL A - CELTA, o sábado 10 de decembro ás 12.00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 35 puntos; 2. Sporting de Gijón, 34 puntos; 3. Xuvenil A, Oviedo e Lugo, 29 puntos...

XUVENIL B - CELTA B, o sábado 10 de decembro ás 17.45 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 37 puntos; 2. Xuvenil B, 31 puntos; 3. Victoria, 26 puntos...

Categoría Cadete

CADETE A - CELTA A, o sábado 10 de decembro ás 16.00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 40 puntos; 2. Cadete A, 38 puntos; 3. Victoria e Lugo, 31 puntos...

XUVENTUDE DE OROSO - CADETE B, o sábado 10 de decembro ás 12.00 no campo Lino Balado de Sigüeiro (Oroso)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B e Calasanz, 32 puntos; 3. Xuventude Oroso, 28 puntos...

Categoría Infantil

SAN TIRSO - INFANTIL A, o sábado 10 de decembro ás 10.15 no Monte (San Tirso)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 38 puntos; 2. Ural, 37 puntos...

INFANTIL B - URAL B, o sábado 10 de decembro ás 10.30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Infantil B, 36 puntos; 2. Imperátor, 31 puntos...

Categoría Alevín

Primeira eliminatoria do Campionato Galego, ida: IMPERÁTOR A - ALEVÍN A, o sábado 10 de decembro ás 11.00 na Torre
Clasificación final da Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º: 1. Alevín A, 24 puntos; 2. Ural A, 21 puntos...

ALEVÍN B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C, o sábado 10 de decembro ás 11.00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Alevín B, 24 puntos; 2. Victoria C (un partido menos) e Luis Calvo C, 18 puntos...

Categoría Benxamín

LUIS CALVO SANZ A - BENXAMÍN A, o sábado 10 de decembro ás 12.30 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 33 puntos; 2. Olímpico A, 28 puntos...

ONCE CABALLEROS B - BENXAMÍN B, o sábado 10 de decembro ás 11.00 no campo de Lendoiro (A Barcala)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 27 puntos; 2. Ural C, 25 puntos...