RCD / NOVAS

Derrota con polémica do Xuvenil B en Vigo ante o RC Celta B

14/09/2019 14:10

Polémica derrota (1-0) do Xuvenil B na Madroa (Vigo) ante o RC Celta, en partido correspondente á 2ª xornada na liga Nacional.

Con 1-0 no marcador, o colexiado do encontro, Juan Luis Dávila, anulou por dudosísimo fóra de xogo un tanto ao deportivista Nájera que tería suposto o merecido empate.

Ao final, o gol non subiu ao marcador e os pupilos de Jaime, que foron de menos a máis no partido, vólvense sen puntos a Abegondo.

Con este resultado, o Xuvenil B non sumou puntos após 2 xornadas disputadas.

Xuvenil B: Adrián, Axel, Añón, Ian Tobar, Dani Barcia, Pablo Martínez, Aye, Melide, Noel, Urdiales e Padín. Tamén xogaron: Portas, Do Carmo, Nájera e Mauro.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B buscará o seu primeiro triunfo en liga, na Cidade Deportiva, ante o Ourense CF.

Os resultados do Xuvenil B son os seguintes:

Xuvenil B 3 (Noel, Añón e Urdiales) - Alondras CF 4
RC Celta B 1 - Xuvenil B 0