RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Derrota pola mínima do Benxamín B ante o CD Calasanz A

O Benxamín B non puido co CD Calasanz A (1-2), con motivo da 2ª xornada do Torneo A Coruña - As Mariñas, no seu grupo B.

Thiago foi o autor do único tanto deportivista nun partido igualado e ante un rival formado na súa maioría por xogadores un ano maiores, co que iso supón nesta categoría.

Con este resultado, o Benxamín B é segundo na clasificación do grupo, con 3 puntos.

Benxamín B: Alejandro, Nico, Mateo, Antón, Íker, Leo, Mario e Yael. Tamén xogaron: Sergio, Hugo e Thiago.

A competición detense até o 3 de novembro, cando o Benxamín se medirá ao SCD San Cristóbal B.

Os resultados do Benxamín B no grupo B do Torneo A Coruña - As Mariñas son os seguintes:

Santa María del Mar C 0 - Benxamín B 16 (Thiago -5-, Mateo -4-, Hugo -2-, Íker -2-, Mario, Yael e Nico -2-)
Benxamín B 1 (Thiago) - CD Calasanz A 2