RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Derrota pola mínima do Fabril en San Lázaro no penúltimo test de pretemporada

Foto: - @SDCompostela -

O Fabril devolveu a visita que a SD Compostela, equipo de Segunda RFEF, fixo o pasado mércores a Abegondo nun novo amigable disputado no Estadio Vero Boquete de Santiago de Compostela onte sábado.

Se na Cidade Deportiva o encontro acabou en igualada (1-1), onte en Santiago a vitoria foi para o conxunto local (2-1). Juan Rodríguez anotou o único tanto fabrilista. Óscar Gilsanz aliñou un once no que se puido ver en acción a David Mella, após o seu paso pola selección española sub-19.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, Manu Berrocal, David Suárez, Juan Rodríguez, Mario, Víctor, Barba, Juan Cambón, Javi Sanmartín e Mella. Tamén xogaron: Quique Teijo, Dani Barcia, Nájera, Brais Val, Manu Rivas, Raúl e Padín.

A próxima cita para o Fabril, última de pretemporada, será o domingo 5 de setembro no campo Municipal García Irmáns ante o Betanzos CF (19:00 horas, pendente de confirmación), conxunto de Preferente Autonómica.

O calendario de pretemporada do Fabril é o seguinte:

Fabril 4 (Nájera -2-, Padín e Quique) - SD Sofán 1
Fabril 2 (Nacho e Mario) - Silva SD 0
Fabril 1 (Davo) - Racing Villalbés 0
Fabril 1 (David Suárez) - Bergantiños CF 3
Fabril 1 (Davo) - CD Arenteiro 1
Ourense CF 2 - Fabril 1 (Mario)
Atlético Arteixo 0 - Fabril 3 (Davo, Víctor e Juan Cambón)
Fabril 1 (Davo) - SD Compostela 1
SD Compostela 2 - Fabril 1 (Juan Rodríguez)
Betanzos CF - Fabril, domingo 5 de setembro, 19:00 h. (pendente de confirmación), Estadio Municipal García Irmáns (Betanzos)