RCD / NOVAS

Descanso merecido mañá luns para o Dépor ABANCA após a xesta de hoxe en Valdebebas

01/03/2020 15:27

O Dépor ABANCA, que vai de xesta en xesta (o pasado mércores en Barcelona ante o Barça e hoxe en Madrid fronte ao CD Tacón), tómase mañá luns 2 de marzo un merecido descanso.

Manu Sánchez citou de novo aos seus futbolistas o martes 3 de marzo ás 17:00 en Abegondo.

O Deportivo ABANCA regresa esta tarde de Madrid por estrada con 3 novos puntos e cunha remontada que pasará á historia da Primeira Iberdrola.