RCD / NOVAS

Desde esta tarde, entradas para o Rayo Majadahonda - Dépor á venda na OAD

27/11/2018 11:45

Desde a tarde de hoxe martes 27, a Oficina de Atención ao Deportivista, situada provisionalmente e até novo aviso nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes, despachará entradas para o partido correspondente á 16ª xornada de LaLiga 1|2|3, que se disputará o domingo no Cerro do Espino de Majadahonda a partir das 12:00 horas.

O prezo de cada entrada é de 25 euros. Cada socio poderá adquirir un máximo de 2 localidades co seu carné, só 2 entradas por persoa en portelo, e será imprescindible mostrar o DNI do destinatario dos tickets ou unha fotocopia do mesmo. É imprescindible que polo menos unha das entradas sexa para o abonado.

Os billetes estarán á venda até o vindeiro xoves 29 ás 19:00 horas, hora de peche da OAD.