O mércores 17 de maio de 2017 celebrouse na Cidade Deportiva de Abegondo o XIV Torneo Real Club Deportivo, que congregou nas instalacións do club a máis de 3.000 nenos de 81 clubs procedentes de toda a comunidade, erixíndose nunha auténtica festa do fútbol galego.
A Televisión de Galicia produciu e emitiu catro encontros, unha semifinal de cada categoría (Prebenxamín e Benxamín) e ambas as finais, nas que se proclamaron campións o Cristo de la Victoria e o Benxamín A deportivista, respectivamente.
Así mesmo, tamén retransmitiu a entrega de premios aos equipos gañadores e finalistas.
SEMIFINAL PREBENXAMÍN (CRISTO DE LA VICTORIA - NARÓN FREIXO)
FINAL PREBENXAMÍN (CRISTO DE LA VICTORIA - URAL CF)
SEMIFINAL BENXAMÍN (ATLÉTICO CUNTIS A - CRISTO DE LA VICTORIA)
FINAL BENXAMÍN (ATLÉTICO CUNTIS A - RC DEPORTIVO A)
ENTREGA DE TROFEOS