RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Despachos de billetes do Palacio abertos desde as 11:00 para a venda de entradas do Dépor-Valencia

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor abrirán ás 11:00 horas do sábado 13 de xaneiro para pór á venda as entradas dispoñibles para o Dépor-Valencia que se disputa ás 20:45 no Estadio Abanca-Riazor. Até o comezo do partido non pecharán as súas portas para despachar entradas de Tribuna Superior, Tribuna Inferior, Preferencia Superior e Marathón Superior, cuxos prezos oscilan entre os 35 e os 65 euros.

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor tamén estarán operativos para retirada de entradas adquiridas por internet, compra de abonos e incidencias nos carnés dos socios.

Pola súa banda, a Oficina de Atención ao Deportivista abrirá as súas portas o día do partido ás 17:00 horas, e até o inicio do mesmo, para recollida de entradas de colectivos, patrocinadores do Club e atención ao socio e accionista (tamén telefónica, de 17:00 a 20:45 h. no 981 259 500 Extensión 1).

Prezos entradas Dépor-Valencia (sábado, 13 de xaneiro de 2018, 20:45 horas, Abanca-Riazor):