RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Dez futbolistas debutaron co Deportivo no amigable ante o Lepe

Un total de dez futbolistas debutaron co Deportivo no amigable que o equipo xogou esta noite en Lepe ante o conxunto local: Juan Domínguez, Fabricio, Mackay, Riki, Lopo, Rodri, Pablo Rivadulla, Cristian, Juan Rodríguez e Marcos Caridade. Ademais tamén xog

O Deportivo gañou por tres tantos a cero fronte a un rival que xoga nunha división especial de Andalucía, que está entre a Terceira División e a Rexional Preferente. Os tantos foron de Arizmendi (2) e De Guzmán, que foi o primeiro do partido e da pretemporada do Centenario. A nota positiva foi Valerón, que volve ser o de antes despois de que este xoves 27 cúmpranse seis meses da súa operación de xeonllo.