Didier Moreno, ante o seu debut internacional mañá xoves con Colombia
Didier Moreno foi convocado por primeira vez na súa carreira profesional pola selección nacional de Colombia para dous partidos amigables.
O combinado colombiano medirase a Estados Unidos mañá xoves 11 de outubro no Raymond James Stadium de Tampa (Florida) ás 19:30 (hora local, 1:30 do venres 12 en España).
O segundo partido de Colombia será ante Costa Rica, tamén en terras norteamericanas, o martes 16.
Por esta dobre cita, o centrocampista branquiazul perderase o partido do Deportivo ante o Elche, correspondente á 9ª xornada en LaLiga 1|2|3, en ABANCA-RIAZOR este venres 12 de outubro (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).