RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Didier Moreno asegura que "todos imos da man" e Vítor Silva ve ao equipo "un pouco ansioso"

Didier Moreno e o debutante Vítor Silva atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O centrocampista colombiano asegurou que ve "ao cadro, á parte administrativa, a todo o que ten que ver coa institución tirando para adiante".

Insiste en que os futbolistas branquiazuis "están a competir ben e imos todos da man. Temos un só obxectivo e estamos mancomunados en conseguilo".

Didier aprecia que as últimas xornadas "son as máis difíciles de xogar e de gañar. Os equipos van ser máis conservadores e hai que traballalos. En ABANCA-RIAZOR temos que ser fortes e sumar de 3 en 3. Para iso imos traballar".

Pola súa banda, Vítor Silva, após disputar os seus primeiros minutos de xogo coa camiseta branquiazul, confesou "estar contento polo debut pero o máis importante que era gañar non foi posible".

O mediapunta deportivista recoñece que o equipo "está un pouco ansioso, un pouco precipitado. Pero é o momento tamén. Non é o mellor momento da temporada. É unha situación normal".

Está convencido Vítor Silva de que o triunfo "chegará, e cando chegue imos pasar este mal momento".