RCD / NOVAS

Didier Moreno debutou onte con Colombia na vitoria ante Estados Unidos

12/10/2018 11:22

- Foto: www.fcf.com.co -

Didier Moreno está convocado por primeira vez na súa carreira profesional pola selección nacional de Colombia para dous partidos amigables.

O combinado colombiano mediuse a Estados Unidos onte xoves 11 de outubro no Raymond James Stadium de Tampa (Florida).

Neste choque, que se saldou con triunfo de Colombia (2-4), o deportivista Didier viu cumprido o soño de calquera futbolista profesional, debutar coa súa selección. O mediocentro branquiazul saltou ao campo no minuto 82 en substitución ademais de James, autor do primeiro tanto do encontro.

O segundo partido de Colombia será ante Costa Rica o martes 16 de outubro no Estadio Metropolitano Roberto Meléndez de Barranquilla (19:00 hora local, 02:00 do mércores 17 en España).

Por esta dobre cita, o centrocampista branquiazul perderase o partido do Deportivo ante o Elche, correspondente á 9ª xornada en LaLiga 1|2|3, en ABANCA-RIAZOR hoxe venres 12 de outubro (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Máis novas de: DIDIER MORENO