RCD / NOVAS

Didier Moreno, Vicente Gómez e Christian, novidades no Dépor para o partido en Almendralejo

23/08/2018 12:14

O Deportivo leva a 18 futbolistas este mediodía a Mérida para medirse mañá venres 24 de agosto ao Extremadura de Almendralejo no campo Francisco de la Hera (22:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).

Son novidades dúas das últimas incorporacións ao equipo: o colombiano Didier Moreno e o canario Vicente Gómez. Tamén está na lista o dianteiro venezolano Christian Santos, que onte recibiu a alta médica.

Quedan fóra da convocatoria Fede Cartabia, lesionado; Krohn-Dehli, sancionado; ademais de Somma, que hoxe se adestrou co readaptador, Fran Molano.

No adestramento desta mañá, o equipo realizou un exercicio de finalizacións, un traballo táctico e, para concluír, repaso de accións a balón parado.

O Dépor viaxa este mesmo mediodía a Mérida, vía Sevilla, segundo este plan de viaxe:

Xoves 23 de agosto
14:15: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla
15:55: Chegada aproximada ao Aeroporto de Sevilla e traslado en autocar a Mérida
18:00: Chegada aproximada ao Hotel Tryp Medea en Mérida

Venres 24 de agosto
22:00: Extremadura - Deportivo, no Francisco de la Hera de Almendralejo
Ao finalizar o partido, saída en autocar a Abegondo

Sábado 25 de agosto
08:30: Chegada aproximada á Cidade Deportiva

RCD / AXENDA

17 XUL

Mércores 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

17 XUL

Mércores 18:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

18 XUL

Xoves 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

18 XUL

Xoves 18:30 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

19 XUL

Venres 10:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3