RCD / NOVAS

Diego Caballo terá ficha co primeiro equipo do Dépor 2018-2019

13/08/2018 12:35

A dirección deportiva e o corpo técnico do Real Club Deportivo comunicaron hoxe a Diego Caballo Alonso (Salamanca, 17 de febreiro de 1994) que esta temporada 2018-2019 disputaraa con ficha profesional do primeiro equipo branquiazul, polo que non poderá disputar minutos co Fabril no Grupo I da Segunda División B.

Diego Caballo e o Real Club Deportivo ampliaron a súa vinculación por dúas temporadas, con opción a outras dúas, a principios do pasado mes de xullo.

Máis novas de: DIEGO CABALLO