RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Diego Caballo xa se exercita no campo, aínda que co readaptador

Diego Caballo xa realizou esta mañá un adestramento en céspede. Iso si, fíxoo sen máscara protectora e á marxe do grupo, ás ordes do readaptador do primeiro equipo, Fran Molano.

Nos próximos días, os Servizos Médicos procederán á elaboración dun mecanismo de protección para que o xogador salmantino poida ir reincorporándose aos adestramentos co grupo.

O resto do cadro, sen Diego Rolan, que quedou no ximnasio cun adestramento específico, realizou após un quecemento un exercicio táctico ataque-defensa, un partido 11 contra 11 e, para concluír, un ensaio de accións a balón parado.

Os fabrilistas Mujaid, Gandoy, Javi Sánchez, David Sánchez, Boian, Martí Vilà estiveron esta mañá ás ordes de Anquela.

Mañá venres, o equipo adestrarase en ABANCA-RIAZOR, nunha sesión a porta pechada que arrincará ás 10:00.