RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Diego Rolan: "Se me toca quedarme aquí o meu desexo vai ser ascender co Deportivo"

Diego Alejandro Rolan Silva (Montevideo, 24 de marzo de 1993) foi presentado esta mañá como novo xogador do RC Deportivo.

En primeiro lugar, o dianteiro uruguaio, acompañado por Carmelo del Pozo, pousou coa camiseta branquiazul para os xornalistas gráficos no campo 1 da Cidade Deportiva.

Acto seguido, o ariete deportivista pasouse pola sala de prensa para responder as preguntas dos medios de comunicación.

Confesou estar en Abegondo "moi contento. Chegou o momento. Neste pouco tempo que estiven puiden coñecer un pouco a cidade. É encantadora. Estou moi contento de estar acá".

Aclarou sobre o seu futuro que "neste momento non se o que vai pasar. É moi cedo para poder dicir que quedo aquí. É certo que me recibiron moi ben aquí. De momento estou ben".

Advirte que "se me toca quedarme no Deportivo vou ter os meus obxectivos e se me toca ir a Primeira tamén terei outros. Son un xogador ambicioso e pase o que pase vou expoñerme os obxectivos que necesite".

Insiste en que se chega algunha oferta "ou se chega algo, o Club exporallo. E eu tamén. Vai ser unha decisión que imos tomar entre as dúas partes, o xogador e o Club. Que sexa o mellor para todos".

Non se marca ningún prazo. "É unha decisión que toma o Club e o xogador. Neste momento non falamos. Estamos á espera. Iso saberémolo máis adiante", apostila.

Reitera Diego Rolan, un futbolista que está na órbita da Selección Uruguaia, que "se me toca defender esta camiseta tratarei de facer o mellor da miña parte. Agora o que me toca é prepararme para o que vén, xa sexa no Deportivo ou noutro lugar".

Confirma que lle faría ilusión pelexar polo ascenso co Dépor: "Son un profesional. Se quedo aquí vou ter os obxectivos que serán poder ascender co Deportivo. Son un xogador ambicioso e gústame o mellor para o Club e para min. Se me toca quedarme aquí o meu desexo vai ser ascender co Deportivo, e tratar de dar todo para que iso sexa posible".