RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Diego Villares espera un UP Langreo lanzado a pola vitoria e que "nos veña a apertar para ternos afogados"

Diego Villares compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O mediocentro deportivista lembrou que as dimensións do Nuevo Ganzábal, escenario do partido do próximo domingo 11 de abril ante a UP Langreo (17:00 horas) son "boas. O máis difícil será o céspede artificial ao que non estamos afeitos. Eu un pouco máis porque en Terceira si que había eses campos sintéticos máis habitualmente. Pero si que é unha superficie difícil sobre todo para a xente que non está afeita xogar nela".

Respecto deste tema, desvela unha conversa entre os capitáns e o corpo técnico para estudar a posibilidade de adestrar algún día desta semana nunha superficie sintética por exemplo a de San Tirso: "Decidiron que o mellor era seguir a dinámica habitual e seguir cos adestramentos toda a semana tanto en Abegondo como en ABANCA-RIAZOR porque cambiar ese par de adestramentos podería ser máis prexudicial que beneficioso para a saúde dos xogadores en canto a lesións ou molestias".

Titular nos últimos partidos no Deportivo, exponse como reto agora "seguir axudando ao equipo se pode ser nesa aliñación ben e se non os minutos cos que poida contar".

Considerou a súa irrupción no primeiro equipo "unha oportunidade importante polo que desde o Club transmitíronme, que confiaban en min. Estou moi contento de aproveitalo como creo que o estou facendo".

O domingo en Ganzábal advirte que o encontro "será distinto ao da fin de semana pasada. Están na súa casa, teñen que ir buscar a vitoria desde o minuto un e posiblemente véñannos a apertar para ternos desde o principio afogados".

Lograr os tres puntos en Langreo suporía, segundo Diego Villares, "dar un paso máis adiante, máis importante e ese colchón (respecto ao terceiro clasificado) para afrontar os partidos que quedan con algo máis de tranquilidade".

Pide ir "vitoria a vitoria porque aínda que leves un partido esta fase é cortísima. Non te podes relaxar porque calquera tropezo che pode acabar complicando estes partidos".

Facendo parella no mediocentro con Álex, Uche ou até Raí, como o pasado domingo, explica que as súas funcións "apenas cambian porque Raí, aínda que teña un perfil máis ofensivo, defensivamente é moi válido e sacrifícase moito polo equipo nesa faceta defensiva".