RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dinamarca examina mañá á selección española sub-19 de Teresa Abelleira

- Foto: @SeFutbolFem -

Teresa Abelleira, capitá do Deportivo ABANCA, está concentrada con España sub-19 nun torneo internacional en Escocia, no que participan as seleccións clasificadas directamente á Rolda Elite do Campionato de Europa da categoría.

A segunda cita para as xogadoras españolas será mañá sábado 6 de outubro (13:00, hora local) ante Dinamarca en East End Park.

O combinado nacional debutou o pasado mércores 3 de outubro ante as anfitrioas, as escocesas. Con Teresa Abelleira como titular e sobre o céspede todo o partido, gañou España (0-1), cun tanto de Carla.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é seguinte:

Mércores 3 de outubro
ESCOCIA 0 - ESPAÑA 1

Sábado 6 de outubro
13:00: ESPAÑA - DINAMARCA, no East End Park (Dunfermline)

Martes 9 de outubro
13:00: ESPAÑA - FRANCIA, no McDiarmid Park (St. Johnstone)

Teresa Abelleira, ademais da tamén deportivista Malena Mieres, acábase de proclamar campioa de Europa sub-19 o pasado mes de xullo.