RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dispoñibles os cartóns de acceso e votación da Xunta de Accionistas da próxima semana

Desde o xoves 22 de novembro, todos os accionistas que queiran acudir á Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo da Coruña SAD que se celebrará en Afundación os próximos días 27 e 28 de novembro de 2018 (en primeira e segunda convocatoria, respectivamente) poden retirar os seus cartóns de acceso e votación para poder participar na mesma.

Os cartóns estarán dispoñibles nos seguintes horarios:

Xoves 22 novembro de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas (Despacho de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor).
Venres 23 novembro de 10:00 a 20:30 (Despacho de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor).
Sábado 24 novembro de 11:00 a 18:00 (Despacho de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor) e simultaneamente de 16:00 a 18:00 na OAD (Avenida da Habana).
Luns 26 novembro de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 (Despacho de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor).
Martes 27 novembro de 10:00 a 13:30 (Despacho de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor) e de 16:30 a 19:00 (Afundación).
Mércores novembro 28 de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 (Afundación).

Para obter o seu cartón de acceso e votación o accionista simplemente debe presentar o seu DNI.

No caso de que o accionista represente a outros accionistas, deberá presentar simultaneamente o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado.

No caso daqueles accionistas que non vaian acudir á Xunta e que desexen delegar sen presentarse nas oficinas do Club, poden enviar por correo o documento coa Orde do Día e a Delegación de Accións recibido no domicilio que consta na súa ficha de accicionista, debidamente cumprimentado, dentro do sobre de resposta prefranqueado que se inclúe xunto á documentación remitida.