RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dispoñibles os cartóns de acceso e votación da Xunta de Accionistas da próxima semana

Desde hoxe xoves 23, todos os accionistas que queiran acudir á Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo da Coruña SAD, que se celebrará en Palexco os próximos días 27 e 28 de maio de 2019 (en primeira e segunda convocatoria, respectivamente) poden retirar os seus cartóns de acceso e votación para poder participar na mesma.

Os cartóns estarán dispoñibles nos seguintes horarios:

Xoves 23: de 16:30 a 19:00 h. (OAD. Avenida de La Habana).
Venres 24: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. (OAD. Avenida de La Habana).
Sábado 25: de 10:00 a 13:30 h. (OAD. Avenida de La Habana).
Luns 27: de 10:00 a 13:30 h. (OAD. Avenida de La Habana) e de 16:30 a 19:00 (Palexco).
Martes 28: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (Palexco).

Para obter o seu cartón de acceso e votación o accionista simplemente debe presentar o seu DNI. No caso de que o accionista represente a outros accionistas deberá presentar, simultaneamente, o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado.