RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Do 3 ao 10 de agosto a OAD só atenderá a Deportivistas mediante cita previa

Concluído hoxe o primeiro período da campaña de abonos do Deportivo 2018-2019 (con 17.839 abonados a falta do peche de cifras do día de hoxe de renovacións por internet), desde mañá só poderanse renovar abonos online en abonos.rcdeportivo.es  (calquera día e a calquera hora) ou exclusivamente con cita previa na Oficina de Atención ao Deportivista. Este período no que unicamente se atenderá presencialmente con cita previa esténdese do 3 ao 10 de agosto.

Para este, ou calquera outro trámite (alta, cambio de asento, ...) que desexe facerse de maneira presencial nas oficinas do Dépor será obrigatorio ter esa cita previa, que unicamente se pode solicitar en citaprevia.rcdeportivo.es Para o período entre o 3 e o 7 de agosto só quedan ocos libres para pedir cita para o día 7.

Mañá venres comeza un novo período do calendario da campaña de abonos do Dépor cos cambios de localidade de asentos liberados só para socios e só mediante cita previa.


3 ao 7 de agosto: cambios de localidade e renovacións de asentos liberados só para socios e só mediante cita previa.

8 ao 10 de agosto: alta de novos socios de asentos liberados, renovacións e cambios de localidade só mediante cita previa.

11 de agosto: subida do 5% no prezo dos abonos.

A Oficina de Atención ao Deportivista trasladouse provisionalmente este verán á Oficina Principal de Correos (c/ Alcalde Manuel Casás s/n).

O máis cómodo para os Deportivistas é renovar o seu abono en abonos.rcdeportivo.esCo carné do ano pasado e un cartón de crédito, en dous sinxelos pasos, xa se dispón do carné, listo para a súa recollida 48 horas despois na DéporTienda de Abanca-Riazor.