RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dobre cita esta semana para o Alevín A, en Abegondo e Boiro

O Alevín A ten dobre cita esta semana. En primeiro lugar, mañá martes 11 de xuño o equipo deportivista disputará un amigable en Abegondo ante o conxunto do AFA Angola, a partir das 19:00 horas no campo 6 de fútbol 7 de Abegondo.

E o domingo 16, o Alevín A compite na 13ª edición do Trofeo Concello de Boiro, que se disputa no campo de fútbol de Vista Alegre.

O conxunto que dirixe Roberto Veres quedou encadrado no grupo A, co Sálvora CF, Cristo de la Vitoria SD e un equipo procedente da Fase Previa.

O calendario inicial é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: ALEVÍN A - CRISTO DE LA VICTORIA SD (campo 1A)
12:20: ALEVÍN A - EQUIPO DA FASE PREVIA (campo 2A)
15:15: SÁLVORA CF - ALEVÍN A (campo 1B)

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que comezan ás 17:35 horas.